imagen
BIO
Fotografía de Juan Durán

BIOGRAFÍA

PDF  DESCARGAR


Juan Durán (nome artístico de Juan Pedro Durán Alonso), nace en Vigo (Pontevedra) en 1960.

Cursou estudos nos conservatorios superiores da Coruña e Vigo, onde se titula como profesor superior. Entre os seus mestres destaca a presenza de Rogelio Groba nas materias de Contrapunto, Análise, etc. Asistiu a cursos de formación con distintos ponentes, congresos, etc.

Desenvolveu unha certa actividade como instrumentista de piano, no campo do acompañamento e a música de cámara. Nesta etapa destaca a súa colaboración, entre os anos 1983 e 1988, co violoncelista Lito Iglesias (actualmente profesor do Conservatorio de Música de Barcelona), co que realizou numerosos concertos.

Profesor numerario do Conservatorio Superior de Música da Coruña de 1987 a 1997, do que foi, así mesmo, Xefe de Estudos e Director.

En 1987 funda, xunto a compositores como Paulino Pereiro, Xavier de Paz ou Juan Vara, a Asociación Galega de Compositores, ao obxecto de contribuir á divulgación da música sinfónica galega.

En 1991 ingresa por oposición no Corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas.

En 1997 é nomeado Asesor-técnico de Música e Artes Escénicas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

En 2005 ingresa por oposición no Corpo de Inspectores de Educación, na especialidade de Ensinanzas Artísticas.

No referente ao seu traballo como docente, ten ocupado distintos postos como o de Xefe de Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial ou o de Subdirector Xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente.

Como consecuencia de toda a súa traxectoria como funcionario docente, ten participado en tribunais, comisións, elaboración de currículos, dictámes, publicacións diversas, etc.

Centrando exclusivamente a súa actividade compositiva, resulta prioritario reseñar o seu compromiso coa música galega que se manifesta fundamentalmente na constante denuncia pola falta de normalización que ésta acusa na sociedade na que vive. O seu nomeamento como Presidente da Asociación Galega de Compositores no ano 2000 ven a potenciar esa actitude, intentando contribuir durante o seu mandato á mellora polo recoñecemento institucional da música galega e a súa mellor difusión.

Nesa liña, son de destacar os seus traballos de recuperación do patrimonio histórico, como orquestracións de obras de Juan Montes (a petición do prestixioso musicólogo José López Calo), Juan José Castro “Chané” (as súas cancións sobre textos de Curros Enríquez son frecuentemente interpretadas, sendo a máis destacada no Festival Internacional do Libro, organizado polo Ministerio de Cultura en Cuba) ou Marcial del Adalid, de quen reconstruiu, xunto a súa especialista máis destacada Margarita Viso, a súa ópera Inés e Bianca, por encargo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia).

No ano 2000 consigue o Premio de Composición organizado pola Universidade Carlos III de Madrid coa sua obra Álbum para Orquesta.

imaxe

Na súa producción compositiva destaca a presenza da música de cámara e o lied. En relación á música camerística está orientada a todo tipo de combinatorias instrumentais: dúos para distintos instrumentos con piano, tríos, cuartetos, quintetos, etc. Polo que se refire ao lied, a súa obra presenta unha gran variedade de poetas e estilos, con cancións en castelán, galego, portugués, italiano e francés. Así mesmo, ten dedicado unha especial atención tanto á transcripción de pezas de distinta autoría (particularmente para Quinteto de Metais) como á forma de Variación, escribindo obras sobre temas de Pablo Sorozábal, Andrés Gaos, etc.

Atende tamén a producción de carácter didáctico, con distintos traballos orientados tanto á materia de Linguaxe Musical como a obras instrumentais. Entre estas últimas cabe destacar: Álbum de Orquesta, El Jardín de Margarita, Juguetes, O Señor Biscuit, etc.

Recibiu encargos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (Longa noite de pedra), Concello de Ferrol (Juegos tímbricos), Orquestra Sinfónica de Galicia (Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz), Real Filharmonía de Galicia (Divertimento), Festival Mozart (felizcumpleañosmozart.com) ou o Festival Via Stellae (Cuarteto de cuerda).

En 2001, a súa Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz, cantata para soprano, barítono, coro e orquestra, significa un punto de inflexión na súa traxectoria profesional polo éxito acadado de público e crítica. Proba disto á a reposición o ano 2008 da mesma como peche de tempada xunto á IX Sinfonía de Beethoven, coa Orquestra Sinfónica de Galicia, os coros de ésta e o do Palau da Música Catalana, a soprano Lola Casariego, o barítono José Antonio López e a dirección novamente de Víctor Pablo.

En 2008 ten lugar no Festival de Ópera da Coruña, a estrea da súa ópera O arame, sobre texto de Manuel Lourenzo, baixo a dirección musical de Maximino Zumalave.

Gaña o primeiro premio do concurso de composición organizado pola Federación Galega de Bandas Populares coa súa obra sinfónica O soño de Breogán, en 2008.

É Premio da Crítica de 2009 pola súa traxectoria musical culminada coa estrea da súa ópera O arame.

A súa obra de cámara e vocal é regularmente interpretada, especialmente nos auditorios galegos, o que non exclúe importantes eventos en salas como a Fundación Juan March, o Instituto Cervantes de Nueva York, o Ciclo de Música de Cámara e Polifonía da Orquestra de Radiotelevisión Española, a Fundación Calouste Gulbenkian, o Auditorio Nacional de Madrid, o Palau da Música Valenciana, etc.

Algúns dos solistas que interpretan a súa música son Antonio Arias, Albert Nieto, Alejandro Zabala, Laura Alonso, Joaquín Pixán, Diego Fernández Magdaleno, Emmanuel Ferrer, Carlos Casado, etc. y directores tales como Víctor Pablo, Juanjo Mena, Antoni Ros Marbá, Edmon Colomer ou Maximino Zumalave.

Mantén unha relación fluida co “Grupo Instrumental Siglo XX” (integrado por primeiras figuras da Orquestra Sinfónica de Galicia), destinatario da primeira audición das súas máis importantes obras camerísticas. O seu director, o violinista albanes Florian Vlashi, tense amosado como un músico sensible cara á defensa e divulgación do patrimonio musical galego, sendo moi frecuentes as súas colaboracións coa Asociación Galega de Compositores.

A case totalidade da súa producción está editada en “VISO Editorial”, “Dinsic” “Real Musical”, “Arte Tripharia”, etc. Exsiten rexistros da súa música en RNE, Radio galega e en varios Cds e DVDs.

Irmán da soprano Carmen Durán, diplomada na Scala de Milán, donde traballou con Strehler, Abbado, Arena, Kuhn, Taddei, Cernov, etc. Vencedora do Concurso Internacional de Canto Toti dal Monte, Treviso. Carreira artística en Italia e Alemaña, onde vive. Ambos manteñen unha estreita relación musical, reflectida a través de estreas de moitas das obras escritas para ela, dende as primeiras cancións con texto de Pessoa, no ano 1985 en Heidelberg, ata a ópera “O arame” en 2008, así como as “Sete Cancións Populares Galegas” para o 2010.